martes, 28 de abril de 2009

REcursos naturales

Recursos naturais


O que máis podemos destacar de Monteporreiro no ámbito natural e o Río Lérez. Fai un tempo houbo un Balneario fundado polo galego Casimiro Gómez que tiña o fin de rendabilizar a riqueza das augas dos manantiais minero-medicinais do entorno de “Villa Buenos Aires”. En 1904 concedéselle a declaración de utilidade pública e no mesmo ano Casimiro Gómez remite ao Ministerio os planos do Balneario, ubicado na marxe esquerda do Río Lérez. Axiña o establecemento haberíase de constituír como un destacadísimo centro de reunión dos políos da época, onde se chegaron a fraguar importantes medidas políticas. As propiedades mineiro-medicinais das augas facíanas aptas para súa venta, polo que Casimiro Gómez emprendeu un novo negocio de grande éxito: o seu embotellado e comercialización. As “Aguas Lérez” acadaron unha exitosa acollida nos mercados, especialmente no mercado arxentino, onde o número de vendas de “La Mejor Agua Mineral natural de mesa, recomendada por la ciencia” desbordou as previsións iniciais. A través da revista Lérez, que el mesmo editaría dende 1908, ensálzanse as cualidades e poder curativo do seu produto. Os premios non tardaron en chegar; en 1907 é galardoada na Exposición Internacional de Higiene celebrada en Madrid e poucos anos despois consolida éxitos na Exposición Regional Gallega celebrada en Santiago e na Internacional de Higiene de Bos Aires; incluso o propio Alfonso XIII felicita a Casimiro Gómez pola súa altísima calidade.

Actualmente no río Lérez a xente no verán báñase nunha pequena parte que ten area e máis zonas con unha corda para tirarse, dende a ponte etc... Tamén fixeron este ano un novo paseo de madeira á beira do río polo que se pode pasear tranquilamente contemplando o Lérez.

Non hai moitos senderos en monteporreiro, pero destaca o mirador no que a parte de ter unha boa vista de Pontevedra hay un campo pequeno de minigolf. Reformouse fai pouco por que estaba en moi malas condicións, pero o mirador é moi famoso en Monteporreiro. É unha boa zona para pasear rodeada por ambos lados de árbores e un terreo que tamén amañaron fai pouco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario